Correcamiños de Lérez

Benvidos ao Blogue do PVAD (proxecto de vida activa e
deportiva) do C.E.I.P.P. San Benito de Lérez!
Neste blogue atoparás os primeiros pasos dun camiño cheo de deporte, vida saudable, proxectos e ilusión.
Toda a comunidade educativa estamos moi ilusionados en
acadar un centro escolar moi activo, enrolados na loita
contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade, mediante a actividade física e os hábitos saudables.
Por aquí atoparas as novidades das nosas “andainas” nos
apartados específicos como, por exemplo, o da Milla diaria.
Tamén atoparás cousas relacionadas co noso proxecto anual “O noso camiño”, hábitos saudables, propostas
interesantes…
E por último a galería de fotos ilustrará as aventuras dos
nosos Correcamiños cos novos deportes, intercambios con
coles, saídas etc.. .

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar